Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 453 accesos
  • Visitas Total: 350852 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

COOPERA - Jóvenes para la Cooperación Internacional al Desarrollo

 

COOPERA é unha organización sen ánimo de lucro, dedicada á cooperación ao desenvolvemento humano dos países en vías de desenvolvemento de África e Iberoamérica.
COOPERA ten dúas áreas de traballo definidas: a de acción exterior a través da execución de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento en África e Iberoamérica; e a de sensibilización social e formación xuvenil de persoas voluntarias e cooperantes.
Nesta última destacan actividades coma a Olimpíada Solidaria de Estudo, os campos de traballo, a formación e envío de voluntariado e persoas cooperantes a países en vías de desenvolvemento, o apadriñamento de nenos e nenas de Angola e Perú, ou os intercambios culturais xuvenís.

 


Onde atoparnos:

Avda. do Cruceiro, Nº 22 Vilalonga
Sanxenxo
Pontevedra
36990

Teléfono: 941237655
galicia@coopera.cc
www.coopera.cc


Voluntariado

En Galicia
As persoas voluntarias participan sobre todo na organización da Olimpíada Solidaria de Estudo e doutras actividades de sensibilización.Onde atopar máis información: a través do enderezo electrónico info@coopera.cc
 
No Sur
Cada verán grupos de persoas voluntarias participan nos campos de traballo de COOPERA en Guatemala, Perú e Angola. A duración pode ser desde tres semanas a dous meses, dependendo da dispoñibilidade das persoas voluntarias. As actividades a desenvolver nestes campos son moi variadas: formación en diversos ámbitos, atención sanitaria, actividades de tempo libre con grupos marxinais, etc.
Para participar, hai que pasar un período de selección, formación e preparación da viaxe, así como pagar os custos de desprazamento.
Onde atopar máis información: na web www.coopera.cc/es/voluntariado/

 

Recursos Económicos

Balance 2008

Ingresos da ONGD en Galicia: 17.801€
            Públicos: 0€
            Privados à17.801€
            Número de socias/os en Galicia: 109
 
Gastos da ONGD en Galicia: 26.366,57€
            Gasto en ED/Sensibilización: 10.366,57€
            Gasto en Cooperación:16.000€

Recursos Humanos

 

Número de persoas contratadas en Galicia: 1
Número de persoas voluntarias en Galicia: 38
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0

 

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.