Enxeñería Sen Fronteiras
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia é unha organización non gobernamental dedicada á cooperación ao desenvolvemento que traballa para construír unha sociedade mundial xusta e solidaria e a prol de poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. ESF Galicia é unha organización pluridisciplinar, aconfesional e apartidaria, formada por persoas socias e voluntarias. Está asociada á Federación ESF-España.
Onde atoparnos:
E.T.S.E. Camiños, Canles e Portos. Campus de Elviña, s/n
Coruña (A)
A Coruña
15071
Teléfono: 981 167 000 Ext. 1479
info@galicia.isf.es
http://galicia.isf.es
Voluntariado
En Galicia
En Galicia, as persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras participan nos diferentes ámbitos de traballo da ONGD: administración e tesouraría; sensibilización e incidencia; proxectos de cooperación internacional; comunicación; sistemas informáticos, etc.
Onde atopar máis información: ao iniciar cada ano académico realízanse campañas de información nas universidades galegas: Universidade da Coruña (Coruña e Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela (Santiago e Lugo) e Universidade de Vigo.
No Sur
Enxeñería sen Fronteiras xestiona un programa de voluntariado no Sur, o “Programa de Coñecemento da Realidade”. Trátase dun programa englobado na liña de educación para o desenvolvemento de ESF Galicia que inclúe unha estancia nun país do Sur durante un período de tempo mínimo para coñecer a realidade do lugar, mentres se colabora nun programa de actividades definido previamente, cunha formación previa, e que continuará á volta da estadía. Entre 2007 e 2009, 15 persoas participaron ou participan no mesmo, con estancias duns dous meses de duración en Honduras, Nicaragua, El Salvador, Campamentos Saharauís e Ecuador.
As prazas ofértanse unha vez ao ano nas universidades e páxinas web relacionadas co voluntariado.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 183.750,97 €
Públicos: 161.882,64 €
Privados: 0€
Número de socias/os en Galicia: 189
Gastos da ONGD en Galicia: 202.231,54 €
Gasto en ED/Sensibilización: 0€
Gasto en Cooperación: 117.865,03€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia: 60
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 1
Proxectos da ONG
2007
Apoio a produtoras/es para a realización de boas prácticas agrosilvopastorais e reducción de áreas degradadas en catro comunidades da parte alta da subconca do río viejo (Jinotega).
Fortalecemento técnico e formativo da unidade de hidroxeoloxía do departamento de hidráulica da R.A.S.D.,asistencia técnica para a protección dos recursos hídricos e xestión de residuos.
Promoción da saúde e hixiene no marco do programa de seguridade dos servizos de saneamento e abastecemento de auga nos municipios comunidades rurais de La Libertad.
2008
Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais.
Programa de reducción da vulnerabilidade en áreas empobrecidas, a través do acceso á auga potable, o saneamento e a xestión sostible dos recursos hídricos e do territorio con enfoque de cunca hidrográfica en El Salvador, Honduras e Nicaragua 2008-2012
FASE I da mellora e ampliación de sistema de abastecemento de auga na comunidade de La Majada, municipio de Marcovia, Honduras,
2009
Fortalecemento das capacidades das comunidades da microcunca do Río Sasle para unha xestión sostible dos recursos naturais. Jinotega. Fase II
Proxecto de abastecemento e saneamento aos caseríos de Las Lajas e El Zapotillo no municipio de Marcovia.
2010
Realización de actividades programadas de formación, sensibilización e voluntariado en materia de cooperación ao desenvolvemento.