Farmamundi - Galicia
Farmaceúticos Mundi é unha ONGD de cooperación ao desenvolvemento, acción humanitaria e emerxencias que defende o dereito universal á saúde e a unha sanidade digna, por iso quere facer que a saúde e os medicamentos estean ao alcance de todas as persoas.
Traballa levando a cabo proxectos de desenvolvemento integral no eido da saúde, en sensibilización dando a coñecer a realidade diaria de milleiros de persoas e as causas das súas carencias en materia sanitaria; así coma no asesoramento doutras organizacións e entidades sobre o acceso aos medicamentos esenciais
Onde atoparnos:
Costa da Palloza. Ed.Torresmeralda, nº3 3ºdta. Local 4
Coruña (A)
A Coruña
15006
Teléfono: 981 13 06 08
Fax: 981 13 06 08
galicia@farmamundi.org
www.farmamundi.org/
Voluntariado
En Galicia
Farmamundi traballa con persoas voluntarias na execución dalgunhas das tarefas que leva a cabo: organización de cursos, presencia en stands, en foros de ONGD, captación de socias/os, charlas e campañas de sensibilización
No Sur
Farmamundi non xestiona programas de voluntariado no Sur.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia:324.847,73
Públicos:231.264,32 €
Privados: 93.583,41 €
Número de socias/os en Galicia: 326
Gastos da ONGD en Galicia: 236.264,32 €
Gasto en ED/Sensibilización: 27.278,18 €
Gasto en Cooperación: 208.986,14 €
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia:20
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Mellora da saúde sexual e reprodutiva, o liderado comunitario e a participación das mulleres en Matagalpa.
2008
Programa para a mellora da atención primaria en saúde e acceso e uso apropiado de medicamentos esenciais en 17 comunidades rurais dos municipios de Retalhuleu e Champerico.
Mellora das condicións socio sanitarias en dous cantóns e cinco comunidades do municipio de Chalchuapa.
A saúde no Milenio: unha asignatura pendente
2009
Fortalecemento da sostebilidade da Rede Comunitaria de Medicamentos Esenciais e Naturais nos Departamentos de Alta e Baja Verapas, El Quiché e Izabal en Guatemala.