Fundación Cume
A Fundación Cume é unha fundación de interese galego, sen ánimo de lucro, de carácter privado, cun ámbito de actuación internacional. O seu obxectivo é a promoción cultural e social da comunidade galega e demais comunidades e rexións en España, así como do estranxeiro, o seu público destinatario céntrase na mocidade, a muller, as familias e os sectores marxinados e os pobos máis desfavorecidos.
Fundación Cume, traballa en varios ámbitos; cultural, social, sensibilización e educación para o desenvolvemento e cooperación ao desenvolvemento.
Onde atoparnos:
Rúa Pi I Margall, Nº 72. Oficina 1
Vigo
Pontevedra
36202
Teléfono: 986 20 77 99
Fax: 986 20 77 99
cume@fundacioncume.org
www.fundacioncume.org
Voluntariado
En Galicia
En Galicia, Fundación Cume desenvolve varios programas de voluntariado, con diferentes tarefas a desenvolver: voluntariado de apoio a nenas e nenos hospitalizados en Santiago de Compostela; voluntariado de integración social e desenvolvemento de persoas afectadas con discapacidade; voluntariado de apoio aos comedores Santa Marta, Igrexa de San Francisco, e Irmáns Pobres de Teis; voluntariado de apoio escolar e voluntariado cultural e ecolóxico.
No Sur
Desde a Fundación Cume inténtase pór en contacto ás persoas interesadas en participar nos proxectos de desenvolvemento internacional que leva a cabo a ONGD e as contrapartes locais, coa finalidade de proporcionar un achegamento Norte–Sur para dar a coñecer mellor as realidades destes países.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia:6.842.935€
Públicos: 6.208.069€
Privados: 634.866€
Gastos da ONGD en Galicia: non se dispón de datos.
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 10
Número de persoas voluntarias en Galicia:225
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia:2