Entreculturas, Fe e Alegría
Entreculturas é unha ONG, promovida pola Compañía de Xesús, que está presente nas zonas máis empobrecidas de América Latina, África e Asia. No Sur Entreculturas colabora co Servizo Xesuíta aos Refuxiados e é membro da Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas defende o dereito á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas porque cre que educar é dar oportunidades.
Outros enderezos da ONGD:
Santiago de Compostela: Rúa Virxe da Cerca, nº 31. 15703 Santiago de Compostela
Tfno. 981 581 409
Correo electrónico: santiago@entreculturas.org
Vigo: Rúa Velázquez Moreno nº 9-2º. 36201 Vigo
Tfno. 986 224 990
Correo electrónico: vigo@entreculturas.org
Onde atoparnos:
Rúa Fonseca, 8
Coruña (A)
A Coruña
15004
Teléfono: 981 21 68 58
Fax: 981 21 68 68
acoruna@entreculturas.org
www.entreculturas.org/
Voluntariado
En Galicia
As delegacións galegas admiten persoas voluntarias en todas as áreas do seu organigrama: cooperación ao desenvolvemento, sensibilización, campañas e socios, medios de comunicación, educación para o desenvolvemento, etc. A organización está aberta á acollida de persoas voluntarias todo o ano sen necesidade de que se publiquen ou convoquen ofertas específicas.
No Sur
Entreculturas desenvolve dous programas de voluntariado no Sur: Experiencia Sur e VOLPA
A Experiencia Sur é unha experiencia de encontro co Sur dun mes de duración. Este programa está dirixido a persoas voluntarias e traballadoras de Entreculturas. No mes de febreiro convócase a Experiencia Sur e celébranse dúas sesións previas de formación en Madrid e un encontro de avaliación en outono.
VOLPA é un programa de voluntariado internacional dirixido a persoas maiores de 21 anos. Este programa inclúe a formación das persoas voluntarias con encontros de formación en Madrid ao longo de nove meses, a súa participación en proxectos de países do Sur con Fe y Alegría e o Servizo Xesuíta a Refuxiados durante un ou dous anos e a súa acollida no lugar de orixe unha vez finalizado o programa. O programa VOLPA convócase todos os anos no mes de setembro.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 518.558€
Públicos: 417.679 €
Privados: 100.879 €
Número de socias/os en Galicia:243
Gastos da ONGD en Galicia: 455.546€
Gasto en ED/Sensibilización:63.696 €
Gasto en Cooperación:391.850 €
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia: 29
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Servizos educativos en Rede
Programa de formación e de exercicio activo dos valores da educación para o desenvolvemento e da cidadanía global para mozas/os e educadoras/es
2008
Implementación do Centro de Formación Permanente para educadores “San Ignacio de Loyola”
Programa de educación técnica e vocacional para unha mellor inserción laboral.
Cidadanía en Rede: Programa de participación, sensibilización e formación en educación para a cidadanía global para mozos/as e educadores/as galegos/as
2009
Fortalecemento das capacidades e habilidades emprendedoras das/os xoves e adolescentes do sector noroeste de Guayaquil.
Cidadanía Global e Interculturalidade: da reflexión á acción da mocidade e profesorado da Rede Solidaria da Mocidade