Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1948 accesos
  • Visitas Total: 433182 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

FISC. Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María

FISC é unha organización non gobernamental constituída como fundación, con plena autonomía institucional e decisoria con respecto de calquera instancia gobernamental.
Posúe personalidade xurídica propia e plena capacidade de acción.
Traballa en dous ámbitos: sensibilización e educación para o desenvolvemento da cidadanía respecto aos problemas da pobreza para impulsar a solidariedade cos países empobrecidos e cos colectivos marxinais que sofren extrema pobreza; e na cooperación para o desenvolvemento a través do financiamento e realización de actividades e proxectos que permitan a mellora das condicións de vida nos países empobrecidos e no Cuarto Mundo desde unha achega fundamentalmente educativa.

 


Onde atoparnos:

Rúa da Ensinanza nº3
Santiago de Compostela
A Coruña
15702

Teléfono: 606742111
francisco.duran@usc.es
www.fisc-ongd.org/


Voluntariado

En Galicia
En Galicia, FISC admite persoas voluntarias que colaboren na execución de tarefas programadas, dentro de todos os ámbitos de actuación da ONGD: seguimento de proxectos de cooperación, actividades de sensibilización e educación para o desenvolvemento, etc.
As persoas voluntarias participarán dentro dos grupos que a organización ten en Vigo, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
Onde atopar máis información: contactando no e-mail: : francisco.duran@usc.es
 
No Sur:
FISC conta con tres programas de voluntariado internacional para traballar no Sur.          
Programa Salongo: estancias curtas nas contrapartes da ONGD no Sur, para persoas que xa son voluntarias de FISC en Galicia.
Programa de cooperación a longo prazo: facilítase a posibilidade a calquera persoa previa formación obrigatoria, de viaxar ao Sur a colaborar coa ONGD. A estancia mínima é dun ano e a ONGD presta á persoa voluntaria axuda para o custo da estadía.
Programa Campos de Solidariedade: programa para grupos (máximo de seis persoas). Trátase de campos de traballo titorizados no Sur, durante unha estadía curta.
Onde atopar máis información: na web: www.fisc-ongd.org. ou escribindo ao enderezo electrónico a francisco.duran@usc.es.

Recursos Económicos

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 69.000€
            Públicos: 0€
            Privados: 69.000€
            Número de socias/os en Galicia: 618
 
Gastos da ONGD en Galicia: 12.000€
            Gasto en ED/Sensibilización: 8.700€
            Gasto en Cooperación: 3.300€
 

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 0
Número de persoas voluntarias en Galicia: 15
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 2

Proxectos da ONG

2008

Proyecto MoboKoli. Mejora de la educación básica en el barrio de Selembao Fortalecimiento gobernabilidad democratica en Perú Erradicación de las formas de explotación de trabajo infantil

2009

Potenciando capacidades para o desenvolvemento sostible de Chetilla e Magdalena. Rexión Cajamarca.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.