Taller de Solidariedade
Taller de Solidariedade é unha Fundación promovida pola congregación relixiosa das Siervas de San José, que ten como fin impulsar a xustiza social, a dignidade das persoas e a mellora das súas condicións de vida, transformando a sociedade e optando polos colectivos pobres e excluídos de mulleres, nenos, nenas e xoves dos países do Sur.
Onde atoparnos:
Rúa Santiago, Nº 2
Lugo
Lugo
27004
Teléfono: 982 804 736
coordinacion@tallerdesolidaridad.org
www.tallerdesolidaridad.org/
Voluntariado
En Galicia:
A organización acolle a colaboración de persoas voluntarias nos eidos do comercio xusto e a sensibilización.
No Sur
No Sur, a ONGD organiza o programa de voluntariado “Taller no Sur”, destinado a persoas voluntarias da propia organización, que viaxan a proxectos propios en estancias curtas.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia:337.734€
Públicos: 313.274€
Privados: 29.460€
Número de socias/os en Galicia: 53
Gastos da ONGD en Galicia: 336.378€
Gasto en ED/Sensibilización: 30.200€
Gasto en Cooperación: 306.178€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia: 22
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 1
Proxectos da ONG
2007
Mellora da capacidade produtiva dos talleres de xoves autogestionados da Asociación Talleres de Nazareth de Urcos, Cusco.
2008
Manexo sostible de recursos naturais no Alto Marañón, Departamento de Amazonas.
Fortalecemento do labor educativo das Siervas de San José.
Portal educativo “Tu turno, mi turno, consumo responsable”
2009
Desenvolvemento dun programa integral de atención e defensa dos dereitos fundamentais das nenas/os adolescentes, muller e familias por medio do apoio da rede de Defensorías Parroquiais. Cusco
Apoio a actividades da Campaña “tu turno, mi turno, consumo responsable” 2009
2010
Apoio ás actividades da campaña “Teu turno, meu turno, consumo responsable”