Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 823 accesos
  • Visitas Total: 428666 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Implicadas/os no Desenvolvemento

Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento galega, aconfesional, crítica, apartidaria, independente e que entende que a discriminación de xénero subxace a todas as demais e polo tanto debe ser eliminada antes de poder falar de desenvolvemento.
A misión de IND é a de traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e de xénero, e a través da contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de corresponsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.

 

 


Onde atoparnos:

Rúa das Camelias, nº49-baixo
Vigo
Pontevedra
36211

Teléfono: 886 111 911
info@implicadas.org
www.implicadas.com


Voluntariado

 

En Galicia
Na actualidade IND conta con tres grupos de voluntariado estables en tres das principais cidades de Galicia: Lugo, Santiago e Vigo. En cada cidade hai un grupo definido de persoas voluntarias que teñen a súa propia planificación anual de actividades.
Existen dúas formas diferentes para participar como voluntaria/o en IND:
Programa IMPLÍCATE-VOLUNTARIADO. Trátase da incorporación da persoa interesada nun dos grupos de voluntariado (Lugo, Vigo ou Santiago).
Programa COLABORA!. Consiste noutro tipo de colaboración, principalmente en tarefas vinculadas ao traballo profesional ou coñecementos da persoa voluntaria.
Onde atopar máis información: as ofertas de voluntariado fanse públicas na páxina web da organización www.implicadas.org e en páxinas coma www.hacesfalta.org.
 
No Sur:
IND non ten voluntariado non países do Sur. O voluntariado de IND opera en Galiza. O que organiza IND é o “Vanakkam”, un programa de formación en cooperación ao desenvolvemento que empeza en Galicia e remata cunha viaxe dun mes á India. As prazas convócanse a principios de ano, e o curso soe ter unha duración duns seis meses.
Onde atopar máis información: na web de IND ou no enderezo electrónico info@implicadas.org    

 

Recursos Económicos

 

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 207.275,00€
            Públicos: 157.336€
            Privados: 49.939,00€
            Número de socias/os en Galicia: 75
Gastos da ONGD en Galicia: 207.275€
            Gasto en ED/Sensibilización: 76.620€
            Gasto en Cooperación: 161.356,24€

 

Recursos Humanos

 

Número de persoas contratadas en Galicia: 1
Número de persoas voluntarias en Galicia:40
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0

 

Proxectos da ONG

2007

Empoderamento de mulleres en Mersa e Serinka. Desenvolvemento Urbano Comunitario en Addis Abeba Desenvolvemento Urbano Comunitario en Tiruchy Corredor do Desenvolvemento Erradicación do infanticidio feminino en Salem 10 Anos de Implicadas Clubs de lectura solidarios Fortalecemento

2008

Empoderamento de mulleres en Mersa Desenvolvemento Urbano Comunitario en Addis Abeba Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem Ano do Xénero O Camiño da Auga (Santiago de Compostela) Clubs de lectura solidaria VANAKKAM

2009

Erradicación do infanticidio feminino en Salem. Desenvolvemento Urbano Comunitario en Addis Abeba O Camiño da Auga (Lugo)

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.