Acción contra a Fame
Acción contra a Fame (ACF) é unha organización internacional, non gobernamental, privada, apolítica, aconfesional e non lucrativa, creada en 1979 en Francia, para intervir en todo o mundo. A súa vocación é loitar contra a fame, o sufrimento físico e as situacións de emerxencia que ameazan a homes, mulleres e nenas/os.
As intervencións de ACF sitúanse antes (prevención), durante (emerxencia) e despois das crises humanitarias (rehabilitación e desenvolvemento). Todos os programas teñen a finalidade de permitir ás persoas destinatarias que recuperen o antes posible a súa autonomía e os medios necesarios para vivir sen depender da asistencia exterior.
Onde atoparnos:
Rúa Rosalía de Castro, 158 1º
Santiago de Compostela
A Coruña
15706
Teléfono: 981 523 265
Fax: 981 523 265
achgalicia@achesp.org
www.accioncontraelhambre.org
Voluntariado
En Galicia:
ACF ten un programa de voluntariado denominado “Cultura Solidaria Galega” no que persoas do ámbito da cultura se constitúen como grupo de apoio á delegación en Galicia, colaborando no deseño, realización e difusión de actividades de sensibilización.
Onde atopar máis información: na sede da Delegación de Galicia, ou a través do enderezo electrónico
achgalicia@achesp.org.
No Sur:
ACF non xestiona programas de voluntariado no Sur.
Recursos Económicos
Balance 2008
Non se dispón de datos desagregados para a Delegación de Galicia.
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia: variable
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
As Caras da Fame
2009
Mellora do abastecemento de auga e da situación sanitaria e fortalecemento da xestión local da auga na comuna Lepi, Huambo.
Mellora do abastecemento de auga e da situación sanitaria e fortalecemento da xestión local da auga na comuna Lepi, Huambo.