Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1058 accesos
  • Visitas Total: 2876792 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

InteRed Galicia

InteRed é unha ONG de desenvolvemento promovida pola Institución Teresiana para impulsar, desde a sociedade civil, unha rede de intercambio e solidariedade entre grupos sociais, pobos e culturas. Ten como finalidade colaborar na transformación da realidade socioeconómica actual xeradora de inxustiza e traballar contra a pobreza, as desigualdades e a exclusión, a través de procesos socioeducativos desde o enfoque dos dereitos humanos e do xénero.


Onde atoparnos:

Praza do Matadoiro, 7 baixo
Santiago de Compostela
A Coruña
15703

Teléfono: 981 58 79 66
Fax: 981 58 40 44
galicia@intered.org
www.intered.org/


Voluntariado

En Galicia
InteRed admite persoas voluntarias en todos os eidos da súa tarefa como organización, de xeito especial no eido do ensino, das campañas de sensibilización e da educación para o desenvolvemento.
Onde atopar máis información: na sede delegación de Santiago de Compostela.
 
No Sur
InteRed conta cun curso de formación do voluntariado internacional, o curso-obradoiro de formación do voluntariado internacional, “Interdependencia Solidaria”. Trátase dun programa de voluntariado internacional no Sur onde desenvolve proxectos de cooperación internacional. A matrícula soe abrirse no mes de setembro. A duración das estadías pode ser dun mínimo dun mes e dun máximo de tres meses. Nas estadías as persoas voluntarias agrúpanse nas tarefas propias dos proxectos. Todos os gastos que xera a experiencia corren por conta da persoa voluntaria.
Onde atopar máis información: na delegación de Santiago de Compostela, ou no enderezo electrónico galicia@intered.org.

Recursos Económicos

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 196.658,25 €
            Públicos: 126.412,96
            Privados: 70.245,29
            Número de socias/os en Galicia: 189
Gastos da ONGD en Galicia: 171.143,74€
            Gasto en ED/Sensibilización: 70.188,18 €
            Gasto en Cooperación: 100.955,56 €

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 2
Número de persoas voluntarias en Galicia:14
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0

Proxectos da ONG

2007

Educación en valores cidadáns, enfoque de xénero e dialogo intercultural de mulleres xoves da fronteira entre R.Dominicana e Haití. Campaña de sensibilización e formación do profesorado con enfoque de xénero. Intercambio de experiencias entre Galicia e o Centro Cultural Póveda.

2008

Impulsar procesos de transformación social e educativa a través de propostas educativas comunitarias participativas e innovadora e mediante a consolidación dun espazo radiofónico alternativo. Desenvolvemento do XIV curso obradoiro de formación do voluntariado internacional interdependencia solidaria.

2009

Axentes sociais comprometidos co desenvolvemento local asumen a creación e impulso dun movemento socioeducativo en Villa El Salvador. Campaña de Sensibilización Educar Sumando, a fórmula do cambio. A educación inclusiva, motor do Desenvolvemento humano

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.