Intermón-Oxfam
Creada en 1956, Intermón Oxfam (IO) son mulleres e homes que cren na xustiza, a solidariedade e a paz, e queren contribuír a cambiar o mundo.
Son seis os obxectivos sobre os que se artellan os máis de 500 proxectos en 33 países que desenvolve Intermón Oxfam e os que dan sentido ao seu traballo na nosa propia sociedade: o dereito a uns medios de vida perdurables, á saúde e á educación, á vida e á seguridade, a ser escoitadas/os, o dereito á propia identidade, e o deber de fomentar a cultura da solidariedade. Desde 1997 IO está integrada en Oxfam Internacional.
O traballo de Intermón Oxfam céntrase en catro grandes áreas: proxectos de cooperación; axuda humanitaria e de emerxencia en desastres e conflictos civís; comercio xusto; sensibilización social e acción de incidencia política contra as causas estruturais da pobreza.
Onde atoparnos:
Rúa Santa Catalina, 16-20
Coruña (A)
A Coruña
15003
Teléfono: 981 21 26 78
Fax: 981 21 28 84
coruna@intermonoxfam.org
www.intermon.org/
Voluntariado
En Galicia
IO traballa a través de tres Comités locais de persoas voluntarias, en A Coruña, Santiago e Vigo que xestionan actividades de mobilización social e as tendas de comercio xusto destas cidades. As áreas nas que se pode traballar como persoa voluntaria son; mobilización, educación e sensibilización social, tendas de comercio xusto, comunicación e marketing, prensa e medios de comunicación, recursos humanos e xestión interna.
No Sur:
IO traballa cun modelo de cooperación a través do cal o maior recurso humano do proxecto é a poboación da zona de intervención. Polo tanto non promove programas de voluntariado no Sur.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 327.278
Públicos: 163.601 €
Privados: 163.677 €
Número de socias/os en Galicia:7.059
Gastos da ONGD en Galicia
Gasto en ED/Sensibilización: 191.231,44 €
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 5
Número de persoas voluntarias en Galicia:114
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Visibilización da nosa cooperación: Comedores populares gratuítos en Lima
Campaña de sensibilización “Cidadanía global, o compromiso activo pola construcción dun mundo máis xusto”
2008
Mulleres organizadas a nivel nacional, contribúen ao desenvolvemento local e loita contra a pobreza e a equidade de xénero.
Mulleres maias inciden ante as autoridades e a sociedade civil para a diminución da violencia de xénero e a discriminación.
“Esiximos Xustiza” Polo pleno exercicio dos dereitos fundamentais
A Campaña Mundial pola Educación en Galicia
2009
Promoción do dereito a unha educación de calidade a través da influencia das políiticas educativas nacionais, especialmente na súa aplicación provincial e local. Municipios de Caala e Bilundo de Huambo.
Sensibilización e mobilización social para unha cidadanía global galega