Jóvenes y Desarrollo
Jóvenes y Desarrollo (JyD) é unha organización confesional, vinculada á Congregación Salesiana de Don Bosco que desde hai 20 anos traballa polo desenvolvemento humano e sostible nos países máis empobrecidos, a través da educación básica e a alfabetización e da formación profesional das persoas máis novas.
Onde atoparnos:
Calzada de San Pedro, Nº 16
Santiago de Compostela
A Coruña
15703
Teléfono: 981 582 455
Fax: 981 552 512
jtm.galicia@jovenestercermundo.org
www.ventanalmundo.com
Voluntariado
En Galicia
O voluntariado en JYD pódese realizar en sede, a través das diferentes campañas de educación e sensibilización, na realización de charlas formativas/informativas a escolares, profesoras/es, educadoras/es e da participación en xornadas de formación para voluntariado.
No Sur:
JYD leva a cabo un programa de voluntariado internacional, que a través dunha formación específica (ao longo de varios fins de semana de decembro a xuño), axuda a coñecer a realidade de proxectos de cooperación en América e África, e que remata cunha estancia curta no Sur que pode ir de un a dou meses, no verán.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: non se dispón de datos
Número de socias/os en Galicia:325
Gastos da ONGD en Galicia:non se dispón de datos
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 1
Número de persoas voluntarias en Galicia:20
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Mulleres protagonistas do desenvolvemento
2008
Mellora da escolarización e alfabetización en Lwena, Provincia de Moxico.
Programa de mellora do acceso e calidade educativa no municipio de Benguela.
2009
O prometido é débeda