Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 4 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1068 accesos
  • Visitas Total: 2876802 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Labañou Solidaria

Labañou Solidaria é unha ONGD privada, independente e aconfesional, de cooperación e solidariedade, que ofrece apoio técnico voluntariamente por parte das súas/seus socias/os, a través de proxectos de saúde e desenvolvemento integral, facilitando a capacitación técnica e reforzando o capital social das comunidades.
Labañou Solidaria nace para promover un irmanamento entre os cidadáns de Labañou e os de Vilcabamba, un distrito de extrema pobreza localizado na serra andina de Perú na rexión de Cuzco. Este irmanamento sirve de vehículo para a cooperación directa e a implicación da poboación e funciona como un instrumento para a educación para a paz e a solidariedade das persoas dun barrio desta beira do Atlántico.


Onde atoparnos:

Rúa Nosa Sra. do Perpetuo Socorro, Nº 13 - baixo
Coruña (A)
A Coruña
15011

Teléfono: 981 266 827
labanousolidaria@hotmail.com
www.labanousolidaria.org


Voluntariado

En Galicia
Labañou Solidaria traballa con persoas voluntarias que queiran participar directamente no traballo cotián da organización: nas xuntanzas semanais ou nos Plenarios informativos e de seguimento mensuais. Tamén busca colaboración ocasional para a celebración de diversos actos durante o ano. Ademais, a organización ten asinado un convenio coa Universidade de A Coruña para a realización de prácticas e traballos de fin de carreira en Vilcabamba, dirixido a persoas estudantes de traballo social e turismo.
Onde atopar máis información: labanousolidaria@hotmail.com ou 981 266 827
 
No Sur:
Desde o ano 2006 promove a realización dunha viaxe de turistas solidarios, fundamentalmente da cidade de A Coruña, coa idea de facer un estudo dos avances no destino turístico de Vilcabamba.
Onde atopar máis información: na web www.labanousolidaria.org

Recursos Económicos

Balance 2008
Non se dispón de datos

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia:0
Número de persoas voluntarias en Galicia:20
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 1

Proxectos da ONG

2007

“Reforzamento do tecido organizativo local e xeración de rendas mediante o desenvolvemento turístico sostible en Vilcabamba” “Creación e aporte financeiro dun Fondo crediticio para proxectos microempresariais liderados por mulleres”

2008

“Reforzamento do tecido organizativo local e xeración de rendas mediante o desenvolvemento turístico sostible en Vilcabamba” Fondo crediticio para proxectos microempresariais liderados por mulleres”

2009

“Reforzamento do tecido organizativo local e xeración de rendas mediante o desenvolvemento turístico sostible en Vilcabamba” “Promoción de hortos familiares agroecolóxicos (“A chacra ecolóxica”) “Proxecto de promoción da utilización da enerxía solar nas comunidades onde non chega a electricidade” “Creación e aporte financeiro dun Fondo crediticio para proxectos microempresariais liderados por mulleres orientados a mellora das condicións de salubridade dos hospedaxes turísticos”

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.