Medicos do Mundo - Galicia
Médicos do Mundo (MDM) é unha organización non gobernamental de acción humanitaria, sen afiliación política ou relixiosa, de ámbito internacional e con sede en Galicia. Constitúe unha organización internacional, tanto na súa concepción da axuda aos colectivos máis desfavorecidos coma no traballo de implantar unha idea de solidariedade global para o conxunto da humanidade. O obxectivo de Médicos do Mundo é intervir onde a guerra, a enfermidade,a fame ou a miseria constitúen un perigo para a vida humana.
Onde atoparnos:
Rúa Eduardo Pondal Nº 2
Santiago de Compostela
A Coruña
15702
Teléfono: 981 57 81 82
Fax: 981 57 81 82
galicia@medicosdelmundo.org
www.medicosdelmundo.org
Voluntariado
En Galicia
MDM admite persoas voluntarias para colaborar en diferentes ámbitos:
cooperación ao desenvolvemento, educación para o desenvolvemento, inclusión social, trata e prostitución.
No Sur
MDM ten un programa de voluntariado no terreo, que implica a estancia no país co que coopera a ONGD (nunca a emerxencias humanitarias) de aproximadamente un mes. Estes postos só están abertos a aquelas persoas que xa son voluntarias de MDM. O contido do traballo no terreo varía dependendo do perfil da persoa voluntaria e do proxecto.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 449.505€
Públicos: 360.083€
Privados:89.422€
Número de socias/os en Galicia: 130
Gastos da ONGD en Galicia: 438.059€
Gasto en ED/Sensibilización:80.218€
Gasto en Cooperación:0€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 11
Número de persoas voluntarias en Galicia:23
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 1
Proxectos da ONG
2007
Impulsar unha cultura de equidade da saúde sexual e reprodutiva en adolescentes, mulleres e homes en tres municipios do Departamento de Colón.
FotogÁfrica: Vidas arredor da Sida
2008
FotogÁfrica: Vidas arredor da Sida. II
Unidade móbil de achegamento a persoas en situación de exclusión social
Centro de Reducción do Dano para persoas usuarias de drogas por vía intravenosa e persoas que exercen prostitución
A explotación sexual comercial en España: Mulleres de vida alegre