Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 2 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1896 accesos
  • Visitas Total: 433130 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

PROCLADE

A Fundación PROCLADE, -fundada en 1996 e vinculada á orde claretiana-, é unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD), con vocación de servizo aos países en vías de desenvolvemento, que sinte os problemas dos pobos do Sur como propios. Os dous obxectivos principais da entidade baséanse na colaboración co desenvolvemento dos pobos máis necesitados a través da promoción do benestar humano, a xustiza e a paz social, e na promoción do voluntariado social para o desenvolvemento e a sensibilización da cidadanía do Norte para unha maior conciencia cívica.


Onde atoparnos:

Rúa Honduras, 7
Vigo
Pontevedra
36204

Teléfono: 986 41 07 15
Fax: 986 423 885
galicia@fundacionproclade.org
www.fundacionproclade.org


Voluntariado

En Galicia
PROCLADE, admite a colaboración de persoas voluntarias na organización de actividades de educación para o desenvolvemento e sensibilización.Onde atopar máis información: no enderezo electrónico tombilla@hotmail.com.
 
No Sur:
Na Fundación PROCLADE fórmanse e envíanse persoas voluntarias, como cooperantes de verán a países latinoamericanos. Concretamente colaboran, durante os meses de xullo e agosto, cos Equipos Misioneiros Claretiáns dalgunhas zonas de Honduras, Paraguai, Perú e Bolivia nas tarefas que se lle encomenden; tarefas de promoción social, educativas, asistenciais, pastorais, etc. O curso de formación consta de tres encontros de fin de semana ao longo dun ano no que se prepara a experiencia.                       
Onde atopar máis información: no enderezo electrónico tombilla@hotmail.com.

Recursos Económicos

Non se dispón de datos

Recursos Humanos

Non se dispón de datos

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.