Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1272 accesos
  • Visitas Total: 2877006 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

SED. Solidariedade, Educación e Desenvolvemento

SED é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento, de ámbito estatal. A organización xorde como xeito de coordinación dos esforzos solidarios dos Colexios Maristas de España, incluíndo así as súas actuacións nun marco legal que permita a organización de accións de cooperación ao desenvolvemento cos homes e mulleres dos países en vías de desenvolvemento, tendo sempre en conta a súa identidade cultural, a perspectiva de xénero e o respecto ao medio.

 


Onde atoparnos:

Rúa Muros, Nº 154, Roxos
Santiago de Compostela
A Coruña
15896

Teléfono: 981 53 71 90
Fax: 981 53 71 50
sedgalicia@maristascompostela.org
www.sed-ongd.org.


Voluntariado

En Galicia
SED admite persoas voluntarias para colaborar en tarefas de: educación para o desenvolvemento e sensibilización, estudos sobre a problemática do desenvolvemento e apoio na execución de proxectos.
Onde atopar máis información: na sede de SED en Galicia, ou na web: www.sed-ongd.org.
 
No Sur
No Sur, organiza campos de traballo, estadías dunha duración de 45 días. Os destinos actuais que se ofertan desde Compostela son Honduras, Zambia e Mozambique. Os principais sectores de traballo a desenvolver polas persoas voluntarias son: educación para o desenvolvemento rural, atención sanitaria, desenvolvemento comunitario e empoderamento da muller. As persoas voluntarias faranse cargo do custo da viaxe ata o lugar do campo de traballo. Para asistir aos campos de traballo é necesario asistir ás sesións de formación e ter feito voluntariado previamente en España coa organización.
Onde atopar máis información: na web ou escribindo a sedgalicia@sed-ongd.org.

 

Recursos Económicos

Balance 2008.
A ONGD non conta con datos económicos desagregados para Galicia.

 

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 0
Número de persoas voluntarias en Galicia: 60
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia:0

 

Proxectos da ONG

2008

MELLORA DAS CONDICIÓNS EDUCATIVAS NA REXIÓN DE SINDA ESCOLA CHIBULUMA MELLORA DO ACCESO Á EDUCACIÓN DAS MULLERES NA REXIÓN DE SINDA BECAS EDUCATIVAS MEDICINA RURAL HORIZONTES AL FUTURO 1. Voluntariado de cooperación 2. Mejoras en la infraestructura del centro 3. Formación de xóvenes en barrios marxinais BECAS EDUCATIVAS COMO SE ESCRIBE EDUCACIÓN? ÁFRICA NO TEU COLE

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.