Solidariedade Internacional de Gaicia
Solidariedade Internacional de Galicia (S.I) é una ONGD galega independente, laica e progresista. Está asociada a nivel estatal coa Fundación Solidaridad Internacional, a cal traballa desde o ano 1986 no campo da cooperación ao desenvolvemento. Solidariedade Internacional aposta por un tipo de cooperación que non xere novas dependencias e que consolide as bases dun desenvolvemento autónomo.
Onde atoparnos:
Rúa Cordelería nº79-baixo
Coruña (A)
A Coruña
15003
Teléfono: 981 243 506
Fax: 881 897 751
direccion@solidaridadgalicia.org
www.solidaridadgalicia.org
Voluntariado
En Galicia
S.I. Galicia conta con persoas voluntarias nas principais cidades galegas que participan das distintas propostas da entidade nos eidos da cooperación internacional, a educación para o desenvolvemento e o comercio xusto.
No Sur
Cada ano, SI Galicia organiza o programa de voluntariado internacional “Vacacións Solidarias”. Son estadías dun mes de duración nalgún dos países onde a organización está a desenvolver proxectos de cooperación; nelas pódese coñecer de cerca a realidade do Sur e o labor das ONGD.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 762.696,31€
Públicos: 386.947,22 €
Privados: 375.749,09 €
Número de socias/os en Galicia: 790
Gastos da ONGD en Galicia: 762.696,31 €
Gasto en ED/Sensibilización: 267.147,21€
Gasto en Cooperación: 406.218,80€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 8
Número de persoas voluntarias en Galicia: 50
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 7
Proxectos da ONG
2007
Apoio ao desenvolvemento económico produtivo sostible da primeira sección do Municipio de Sorata, a través do fortalecemento de capacidades.
Mellora da saúde da poboación a través da construcción e rehabilitación do sistema de auga potable e saneamento en comunidades dos municipios de Balfate e Santa Fé.
Contos do Mundo: IRENE EN SENEGAL
2008
Proxecto integral de saneamento básico en cinco comunidades de Champerico. RetalHuleu.
Mellora da saúde da poboación a través da construcción e rehabilitación do sistema de auga potable e saneamento en comunidades dos municipios de Balfate e Santa Fé. FASE II
Campaña para o fomento da interculturalidade.
Campaña educativa pola dignificación dos dereitos laborais.
2009
Auga potable, saneamento básico e mellora das condicións medioambientais, con enfoque de xénero, en tres comunidades do municipio de Colomba, Departamento de Quetzaltenango.
Ampliación da oferta educativa do Centro de Formación Laboral “Rafael Reyes García” na comunidade Acahualinca.
Campaña de Fomento do Consumo Responsable