Veterinarios Sen Fronteiras
Veterinarios sen Fronteiras (VSF) é unha organización non gobernamental, apartidaria e aconfesional, que promove, desde a cooperación un modelo de desenvolvemento xusto en favor da soberanía alimentaria, como proposta que dignifique a vida campesiña e que garanta a sustentabilidade ambiental, social e cultural do dereito á alimentación para toda a poboación mundial.
Onde atoparnos:
Rúa Luis A. Mestre, Nº 35 baixo B
Grove (O)
Pontevedra
36980
Teléfono: 986 73 25 45
vsfgalicia@galiciasolidaria.org
www.veterinariossinfronteras.org
Voluntariado
En Galicia
O voluntariado en Galicia pode colaborar en todos os ámbitos de traballo que desenvolve a organización no Norte; desde a sensibilización da poboación ata educación para o desenvolvemento en centros educativos, incluíndo colaboración nos labores de xestión e loxística.
No Sur
VSF contempla dous tipos de voluntariado nos países onde ten os proxectos:
O voluntariado técnico de apoio a proxectos de cooperación, a duración do cal dependerá do traballo a realizar. E o voluntariado de sensibilización, destinado a que as persoas voluntarias coñezan a realidade dos países nos que VSF traballa para logo convertérense en transmisoras de primeira man sobre a importancia do traballo de cooperación para o desenvolvemento. A duración das estadías pode ser dun ou dous meses.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 393.868€
Públicos: 383.368 €
Privados: 10.500 €
Número de socias/os en Galicia: 55
Gastos da ONGD en Galicia
Gasto en ED/Sensibilización: 55.966 €
Gasto en Cooperación: non se dispón de datos
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia:1
Número de persoas voluntarias en Galicia:6
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0
Proxectos da ONG
2007
Módulos familiares de produción e transformación pecuaria sostible.
Fortalecemento das capacidades produtivas, comerciais e organizativas das cooperativas membro da Rede de Cooperativas de Café da Rexión Norte (RECOCARNO)
2008
Fortalecemento das capacidades produtivas, comerciais e organizativas das cooperativas membro da Rede de Cooperativas de Café da Rexión Norte (RECOCARNO)
Sensibilización específica Soberanía Alimentaria.
2009
Fortalecemento das capacidades produtivas, comerciais e organizativas das cooperativas membro da Rede de Cooperativas de Café Rexión Norte (RECOCARNO). Terceira Fase.
Contra a Crise Alimentar: consumo, Produción, Políticas e Cooperación