Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 454 accesos
  • Visitas Total: 350853 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Amigos da Terra - Xuventude

Amigos da Terra é unha organización laica que actúa para acadar sociedades perdurables, protexendo o medio e compartindo os recursos do mundo. Forma parte de Friends of the Earth International, que ten grupos en 66 países e un millón de socias /os. En Amigos da Terra concéntranse os esforzos en traballar o consumo sustentable, a xestión de residuos, a conservación e usos da terra, os temas de cambio climático e a cooperación para o desenvolvemento. Ademais conta con dous recursos básicos; o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas na Serra de San Mamede (Pista forestal Arnuide - San Mamede Km. 10, Vilar de Barrio, Ourense) que se rexe por principios de bioconstrución e enerxías renovables; e o servizo de asesoría xurídica, información e educación ambiental.

 


Onde atoparnos:

Rúa da Concordia, nº 20-2º esq.
Ourense
Ourense
32003

Teléfono: 988 374 318
Fax: 988 511 020
info@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net


Voluntariado

En Galicia
Ámbitos de traballo da ONGD nos que se admite voluntarios
Ecovixías: Equipos de vixilancia ambiental. Dotados de bicicleta, follas de denuncia, GPS e cámaras. Denuncian as infraccións ambientais, que derivarán na elaboración da correspondente acción xudicial ante a administración competente.
Residuos: os equipos de persoas voluntarias traballan en sensibilizar e concienciar na minimización de residuos, implantación da redución, reutilización, reciclaxe e compostaxe
Cambio climático: traballo en campañas de concienciación e educación ambiental para reducir as emisións de dióxido de carbono.
Denuncias e información xurídica: busca de información xurídica ambiental e tramitación de denuncias.
Onde atopar máis información: na páxina web ou no enderezo electrónico de voluntariado, voluntariado.galicia@amigosdaterra.net. As ofertas de voluntariado tamén poden atoparse en www.hacesfalta.org. e www.socialia.org
 
No Sur:
No Sur, Amigos da Terra ten un programa de “Voluntariado en cooperación ambiental”, para desenvolver coas comunidades,  traballos en temas de fortalecemento institucional, enfoque de xénero, conservación dos recursos naturais, alimentación sustentable, pesca sostible, etc.
Non existe unha data especifica de convocatoria, esta dependerá das necesidades en terreo. Os países de destino son: Nicaragua, Honduras e O Salvador; e as estadías mínimas, a partir de tres meses.
Onde atopar máis información: contacto coa responsable da área de cooperación no enderezo electrónico: cooperacion@amigosdaterra.net.

Recursos Económicos

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia:486.000€
            Públicos: 389.000€
            Privados: 97.000€
            Número de socias/os en Galicia: 90
 
Gastos da ONGD en Galicia: 486.000€
            Gasto en ED/Sensibilización: 111.780€
            Gasto en Cooperación: 174.960€ 

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 10
Número de persoas voluntarias en Galicia: 30
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 3

Proxectos da ONG

2007

Mellora da capacidade das/os pescadoras/es artesanais para producción e comercialización de produtos mariños costeiros na Península de Cosigüina Conservación de recursos mariños e costeiros e de desenvolvmento do sector pesqueiro artesananal a través de plans de manexo e aumento das capacidades locais dos pescadores 1. Campaña de educación ambiental contra o cambio climatico Aposta

2008

Promovendo a conservación dos recursos mariños costeiros e o incremento de beneficios da pesca artesanal no Golfo de Fonseca. El Salvador-Honduras-Nicaragua. Xornadas itinerantes: medio ambiente a clave para acadar o desenvolvemento sostible Campaña en colaboración co Centro de transfusión de sangue Axuda a Vivir doa sangue e pranta unha árbore proxectos de compostaXe doméstica

2009

Fortalecemento de grupos organizados para a pesca artesanal sostible e a conservación dos recursos naturais na Illa de Ometepe. Curso practico cooperación e medio ambiente Olladas desde o Golfo de Fonseca, Centroamerica

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.