Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 462 accesos
  • Visitas Total: 350861 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Arquitectos sen Fronteiras

Arquitectos sen Fronteiras é unha ONGD de cooperación internacional ao desenvolvemento, independente política e relixiosamente. A súa misión centrase en promover un desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, en especial o dos colectivos desfavorecidos.

 


Onde atoparnos:

ETS Arquitectura. Campus da Zapateira s/n.
Coruña (A)
A Coruña
15071

Teléfono: 981 16 70 00 Ext. 5033
Fax: 981 16 70 55
galicia@asfes.org
www.asfes.org


Voluntariado

En Galicia
Na Demarcación de Galicia, ASF dispón dun local na Escola de Arquitectura de A Coruña, xestionado por persoal voluntario, na súa maioría estudantado. Tamén conta cun grupo de traballo asentado en Santiago de Compostela e outro en Vigo.
ASF Galicia centra o seu traballo en dous ámbitos, liderados respectivamente por dous grupos de voluntariado.
No Grupo de Cooperación Local – ou Cuarto Mundo – trabállase para que a arquitectura estea ao servizo da cidadanía e para mellorar as condicións de habitabilidade urbana, sobre todo dos colectivos máis desfavorecidos. Para iso realízanse accións de sensibilización, investigación de novas tecnoloxías e denuncia que se concretizan en tarefas coma: realización de planos, participación en actos de reivindicación social, organización de cursos de educación ao desenvolvemento, ciclos de cine e concursos de fotografía.
O Grupo de Cooperación Internacional dedícase á investigación, formulación e xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e á coordinación de grupos.
Onde atopar máis información: na web www.asfes.org ou escribindo ao enderezo electrónico asfeg@coag.es
 
No Sur
ASF non xestiona programas de voluntariado no Sur.

Recursos Económicos

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 4.691,90 €
            Públicos: 3.341,90 €
            Privados: 1.350 €
            Número de socias/os en Galicia: 72
 
Gastos da ONGD en Galicia: 3.905,68 €
            Gasto en ED/Sensibilización: 2.412,32 €
            Gasto en Cooperación: 1.111,16 €

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 0
Número de persoas voluntarias en Galicia: 19
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 2

 

Proxectos da ONG

2007

Construcción dun Centro Rural de Atención ás Comunidades indígenas na aldea de Huentelonen

2008

Mellora das condicións de habitabilidade básica dentro do programa OXLAJUJ TZ’IKIN (departamento de Retalhuleu). Distrito Activo

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.