Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 3 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 2008 accesos
  • Visitas Total: 2862108 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Madreselva

A Fundación Madreselva ONGD é unha organización de ámbito nacional e internacional vinculada ao Instituto das Fillas de María Auxiliadora. O seu fin é cooperar ao desenvolvemento sostible, humano, social e económico, para contribuír en todos os países ao progreso e promoción humana, en especial da infancia, mocidade e da muller, privilexiando a educación como instrumento eficaz para o desenvolvemento e promovendo o voluntariado. Madreselva ONGD ten catro áreas de traballo: proxectos de cooperación ao desenvolvemento, promoción e fomento do voluntariado, sensibilización e educación para o desenvolvemento e apoio á infancia. 

 


Onde atoparnos:

Rúa Dolores Mosquera, nº4.
Caldas de Reis
Pontevedra
36650

Teléfono: 986 540 052
Fax: 986 540 052
caldas@madreselvaONGD.net
www.madreselvaONGD.net


Voluntariado

 

En Galicia
En Galicia, Madreselva xestiona persoas voluntarias para asociacións de tempo libre.
Onde atopar máis información: www.madreselvaONGD.net, voluntarios@madreselvaONGD.net
 
No Sur
Para realizar unha experiencia de voluntariado nalgún país do Sur é recomendable realizar previamente unha experiencia de voluntariado en España e cumprir cos seguintes requisitos: idade mínima de 20 anos, dispoñibilidade para estar un mes no lugar de destino, asistencia a un 80% do curso de formación de voluntariado que organiza a entidade e dispoñibilidade e capacidade de traballo en equipo.

 

Recursos Económicos

 

Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 111.916,73
            Públicos: 111.916,73 €
            Privados: non se dispón de datos
            Número de socias/os en Galicia: 40
Gastos da ONGD en Galicia: 111.916,73€
            Gasto en ED/Sensibilización: 0€
            Gasto en Cooperación:111.916,73 €

 

Recursos Humanos

 

Número de persoas contratadas en Galicia: 0
Número de persoas voluntarias en Galicia:4
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 0

 

Proxectos da ONG

2008

Ampliación de educación primaria (6 novas aulas) en Chokwe, Provincia de Gaza, Mozambique.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.