Equus Zebra
Equus Zebra nace no ano 2000 en A Coruña. É unha ONG galega, independente, apolítica e aconfesional, creada por e para as persoas inmigrantes. A súa misión é a promoción integral da comunidade inmigrante e o desenvolvemento dos países máis desfavorecidos de África.
O seu fin é loitar para mellorar a vida das persoas inmigrantes, de calquera procedencia, que teñen chegado a Galicia así como a de aquelas que viven en situación pobreza nos seus países de orixe. O obxectivo de Equus Zebra céntrase en loitar contra as desigualdades e fomentar un modelo de convivencia, comprometido e solidario; un modelo que mellore a calidade de vida do colectivo inmigrante e facilite a súa integración no noso entorno.
Onde atoparnos:
Rúa Antonio Pedreira Ríos, nº24
Coruña (A)
A Coruña
15010
Teléfono: 881 898 930
Fax: 881 898 931
info@equuszebra.es
www.equuszebra.es
Voluntariado
En Galicia
Equus Zebra recibe alumnos/as en prácticas e voluntariado internacional.
No Sur
A organización non xestiona programas de voluntariado no Sur.
Recursos Económicos
Balance 2008
Ingresos da ONGD en Galicia: 178.343,30€
Públicos: 128.402€
Privados: 49.941,30€
Número de socias/os en Galicia: 20
Gastos da ONGD en Galicia: 133.463,66€
Recursos Humanos
Número de persoas contratadas en Galicia: 5
Número de persoas voluntarias en Galicia: 35
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia:0