Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 7 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 468 accesos
  • Visitas Total: 350867 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Asamblea de Cooperación pola Paz

ACPP é unha ONGD que aposta desde 1990 por un desenvolvemento equitativo, a reivindicación da xustiza social, a defensa e promoción dos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a democracia. Nos países do Sur traballa pola capacitación das persoas beneficiarias para acadar un desenvolvemento sostible, fortalecendo o tecido asociativo e para a mellora na universalización dos servizos públicos básicos. En España actúa nas áreas de acción social, educación, sensibilización, inmigración e codesenvolvemento.

 


Onde atoparnos:

Rúa Hórreo, 22 1º E.
Santiago de Compostela
A Coruña
15702

Teléfono: 881 977 339
Fax: 881 977 339
galicia@acpp.com
www.acpp.com


Voluntariado

En Galicia
En Galicia, ACPP traballa con persoas voluntarias en temas de cooperación, sensibilización, educación para o desenvolvemento, etc. Os ámbitos de traballo da ONGD nos que se admite voluntariado, varían en función do perfil da persoa solicitante.
Onde atopar máis información: na web www.acpp.com ou contactando coa sede de Santiago de Compostela e no e-mail: galicia@acpp.com.
 
No Sur
Asemblea de Cooperación Pola Paz organiza os Cursos de Cooperación Sobre o Terreo (CCsT). Unha viaxe que te levará a coñecer a cooperación ao desenvolvemento, a vida nos países nos que traballa a organización e os problemas que afrontan día a día os seus habitantes.
O obxectivo é amosar aos participantes todo o ciclo dun proxecto de cooperación ao desenvolvemento, desde a súa identificación e seguimento, ata a avaliación dos obxectivos e resultados deseñados, así coma o seu impacto social, político e económico nas comunidades beneficiarias.
As prazas convócanse desde o mes de marzo e os cursos realízanse nos meses de xullo, agosto e setembro.
Os prezos varían en función do curso a realizar e os destinos son os seguintes: O Salvador, Honduras, Marrocos, Tunisia, Senegal, Guinea Bissau, Mauritania, República Dominicana, Palestina e Guatemala.
Onde atopar máis información:www.acpp.com/CCsT.htm, ou escribindo a galicia@acpp.com

 

Recursos Económicos

Balance 2008
Non existen datos desagregados a nivel Galicia, posto que se realiza unha contabilidade xeral para todas as delegacións de Asemblea de Cooperación Pola Paz.

 

Recursos Humanos

Número de persoas contratadas en Galicia: 4
Número de persoas voluntarias en Galicia:8
Número de cooperantes no exterior da ONGD desde Galicia: 12

 

Proxectos da ONG

2007

TEATRO FORUM: Unha proposta para a educación en valores ESR, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento: Unha ferramenta de fortalecemento de ACPP O SUR NO CINE Semana de achegamento ao Sur. Unha proposta de sensibilización e educación intercultural. Semana de Achegamento ao Sur. Unha proposta de sensibilización en inmigración e educación intercultural.

2008

Mellora das condicións de acceso á auga e ao medio ambiente no sector de la Mosac –Santa Lucía, Santiago de los Caballeros. Mellora das condicións de vida e prevención de desastres naturais, con especial incidencia na equidade de xénero das habitantes de Porto Rico e da Barquita, no sector dos Mina Norte. Santo Domingo Este. Mellora da seguridade fronte a desastres naturais dos 11.250 habitantes dos barrios de Vietnam, La Barquita e Katanga, facendo especial énfase na situación da muller e na prevención da violencia de xénero, no sector dos Mina Norte de Santo Domingo Este, na República Dominicana Mellora das condicións de habitabilidade, medioambientais e organizativas, con especial incidencia na equidade de xénero, municipios de San José de Comayagua e Taulabé, Honduras. Plan de promoción do tecido asociativo de 5 iniciativas de economía solidaria en materia pesqueira, con especial énfase no establecemento dun plan de extracción sostible e a promoción do medio ambiente en 8 comunidades do Baixo Lempa. 2ªFase Contribuír na prevención, diagnóstico e tratamento da infección de VIH/SIDA nos 425.161 potenciais usuarios de Bissau e nos 173.223 potenciais usuarios das rexións de Quinaria e Tombalí. Sensibilizar a mocidade do Concelllo de Ames en materia de ODM. Sensibilizar a poboación de Lugo en Cooperación ó Desenvolvemento a través da exposición Tunisia, unha ollada cara a cooperación". Formación, participación e sensibilización en cooperación ao desenvolvemento e sensibilización sobre ODM. Campaña de divulgación sobre a cooperación ao desenvolvemento. Sensibilizar aos mozos e mozas do concello de Meis en materia de ODM, Racismo e Tolerancia, coa "I Semana da solidariedade" do CPI Mosteiro. Docencia 3 horas. Educando cara unha nova cidadanía. Obradoiros Interculturais, Taller de Teatro Forum. ESR. Escolas para a Paz e o Desenvolvemento

2009

Plan de promoción do tecido asociativo de 5 iniciativas de economía solidaria en materia pesqueira, con énfase no establecemento dun plan de extracción sostible e a promoción do medio ambiente en 8 comunidades da desembocadura do baixo Lempa. Obradoiros Interculturais, Taller de Teatro Forum e Obxectivos do Milenio

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.