A Asociación 1º de Mayo nace en 1999 en Allariz (Ourense). É unha ONGD galega que se define coma unha asociación de voluntariado, apolítica, aconfesional de carácter humanitario e solidario. O seu obxectivo prioritario é realizar e executar proxectos para a cooperación en países en vías de desenvolvemento apuntando ás clases máis desfavorecidas e situacións máis precarias.
A asociación traballa principalmente en Bolivia. A orixe da Asociación está na procura de financiamento e apoio aos proxectos que se levan a cabo en Santa Cruz de la Sierra, en concreto na Villa 1º de Mayo, un dos barrios máis pobres e marxinais da cidade. O seu eido de actuación é principalmente o sanitario, mais cunha concepción ampla de tel xeito que abrangue: prestar asistencia médica sen ánimo de lucro, contribuír ao sostemento do Hospital 1º de Mayo, programar intervencións en nenos/as e familias carentes de recursos, contribuír á formación de persoal sanitario a través da tramitación de coñecementos e apoiar a ampliación do Hospital nas súas areas máis deficitarias.
Na actualidade, a Asociación estendeu as súas actividades en Yamparaez (Sucre).
Travesía Fuxón, chalet 8
Allariz
Ourense
32660
Teléfono: 619 018 624
manuel.garrido.valenzuela@sergas.es
A asociación non conta con persoal laboral contratado e como voluntarias actúan todas as persoas que forman parte da Xunta Directiva: nove.
Ademais, outras persoas colaboran de xeito voluntario coa organización
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.