A Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) foi constituída en 2008. Os principais obxectivos da organización son a creación dunha rede sólida, comprometida e plural no sector da comunicación galega que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade, mediante a creación, desenvolvemento e seguimento de proxectos de cooperación xa sexan propios ou alleos á organización. Ademais persegue potenciar a educación, formación e reciclaxe dos profesionais en tratamento e elaboración de informacións de carácter social, e ampliar a súa conciencia na abordaxe diaria da información destas temáticas.
A súa misión fundamental é sensibilizar á sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos (sociais, económicos, culturais e ambientais) nos países en vías de desenvolvemento. No Estado español, AGARESO centra o seu traballo en dar voz a colectivos en risco de exclusión social como as persoas con discapacidade, a poboación reclusa e ex reclusa, a poboación inmigrante ou a persoas drogodependentes e ex drogodependentes. Conta con tres plataformas básicas para a publicación de artigos, entrevistas, reportaxes, material gráfico e audiovisual que integran os
Rúa Santa Clara, 3 1º C
Pontevedra
Pontevedra
36158
Teléfono: 986 12 51 71
Fax: 986 89 62 02
organizacion@agareso.org
www.agareso.org
Puxo en marcha proxectos como o Programa de Comunicación Integral para o Desenvolvemento no penal de A Lama, a implementación dos contidos da web e as canles de radio (AG Radio) e televisión de AGARESO, o Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional na USC, a visibilización do traballo do grupo de avaliación da empresa contratada para analizar os resultados dos proxectos financiados por Cooperación Galega en Centroamérica, a visibilización dos proxectos executados no arquipélago de Cabo Verde por Cooperación Galega e a visibilización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento de diferentes ONGD galegas.
Ten previsto poñer en marcha o Proxectos de Comunicación para o Desenvolvemento con Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Fundación Secretariado Gitano, a segunda fase do proxecto Mellora das condicións para o aproveitamento sustentable dos recursos pesqueiros e acuícolas da zona do Baixo Lempa en colaboración con ACPP, o proxecto de Educación para o Desenvolvemento Escolas sen Racismo, tamén con ACPP, o proxecto de fortalecemento coa Coordinadora Galega de ONG, e o proxecto de Comunicación para o Desenvolvemento con radios comunitarias de Guinea Bissau.
En 2009 contou cun orzamento de 6.320,00 € e, en 2010, de 36.920,00 €.
Actualmente conta, en Galicia, con 3 persoas contratadas, 35 socios/as e 96 voluntarios/as, 6 dos cales en Madrid e 4 no estranxeiro.
ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.