Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 7 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 470 accesos
  • Visitas Total: 350869 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Que é a CGONGD?

Misión

A Coordinadora Galega de ONGD, -CGONGD-,é unha asociación que agrupa, en 2009, a un total de 48 ONGD que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política.

Nace no 1991 e está integrada na Coordinadora de ONGD España desde abril de 2002 como membro de pleno dereito.
 
A misión principal da Coordinadora Galega de ONGD, tal e como o recolle na súa recente Planificación Estratéxica (2009-2012) é contribuír á erradicación da pobreza nun marco de desenvolvemento sostible e de promoción dos Dereitos Humanos, que propugne a eliminación de calquera tipo de discriminación, e que promocione a igualdade entre mulleres e homes.
 
Para dar cumprimento a esta misión, a Coordinadora traballa principalmente na construción dun modelo de cooperación ao desenvolvemento de calidade e transformador para Galicia, mediante a potenciación dun espazo de intercambio e reflexión das ONGD integradas que concerte os esforzos individuais das ONGD para a acción conxunta.
 
A estratexia da Coordinadora baséase nas seguintes premisas:
  • A plena participación de todas as ONGD integradas, respectando a súa diversidade, nunha estrutura democrática e transparente que pretende achegar valor engadido ao traballo individual.
  • O avance na construción dun modelo de cooperación de calidade, a través do avance das Comisións de Traballo e a liña de incidencia política común das ONGD integradas.
  • O acompañamento das ONGD integradas no seu fortalecemento co obxectivo de apoiar a construción dun sector forte e representativo.
  • A orientación do traballo das ONGD e da Coordinadora cara a resultados medibles e concretos, o fomento de procesos participativos, a eficacia no uso de recursos e a transparencia e rendición de contas como principios de acción.
  • A implementación e cumprimento do Código de Conduta que convirta á Coordinadora e ONGD integradas en referentes lexitimados en Galicia en temáticas de cooperación para o desenvolvemento de cara á administración, ás redes estatais, aos medios de comunicación e á cidadanía.

Obxectivos

Os principais obxectivos de acción da CGONGD son:  

  • Desenvolver liñas de incidencia e presión política en posicións comúns emanadas das ONGD integradas
  • Promover un espazo de potenciación e complementariedade das ONGD do tecido galego para unha maior visibilización do traballo das mesmas.
  • Promover e defender unha mellora da calidade da cooperación ao desenvolvemento como obxectivo compartido das ONGD galegas.
  • Encabezar a interlocución coas institucións públicas e privadas galegas así coma con outras redes sectoriais e coordinadoras autonomicas, como representante lexítima do sector.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.