Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 6 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 473 accesos
  • Visitas Total: 350872 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien
  • Tempo Exterior
  • Altermundo

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Que son as ONGD?

Concepto e características das ONGD
 
As ONGD forman parte do chamado terceiro sector ou non lucrativo; máis concretamente, participan, sen esgotalo, do movemento asociativo voluntario da sociedade civil.
 
As características esenciais dunha ONGD son:
  • Ser unha organización estable que dispón dun grao mínimo de estrutura. Non se trata de campañas nin de 
  • Non ter ánimo de lucro. A totalidade dos ingresos obtidos deben beneficiar á poboación suxeita aos programas de desenvolvemento, ser utilizados en actividades de educación para o desenvolvemento e sensibilización e, en último lugar, ser destinados ao funcionamento da propia organización.
  • Traballar activamente no eido da cooperación para o desenvolvemento e a solidariedade internacional, sexa no eido do desenvolvemento, sexa en resposta a situacións de emerxencia ou en educación para o desenvolvemento. 
  • Ter unha vontade de cambio ou de transformación social,participando activamente na mellora da sociedade mediante propostas favorecedoras dunhas relacións Norte-Sur máis xustas e equitativas que promovan a igualdade entre mulleres e homes como parte inherente e indispensable do proceso de desenvolvemento.
  • Posuír apoio e presenza social. Deben gozar dun comprobado apoio na sociedade, así como dunha presenza activa no medio. Este apoio social maniféstase de diversas formas: no apoio económico, mediante doazóns ou cotas; na capacidade de mobilizar traballo voluntario; na participación activa en redes con presenza social; no contacto con outras asociacións locais, etc. 
  • Ter independencia. As ONGD deben ter autonomía institucional e decisoria respecto de calquera instancia gobernamental, intergobernamental ou calquera outra allea á institución. Isto implica que as organizacións non deben estar suxeitas a ningún control ou dependencia orgánica ou organizativa de entidades públicas ou grupos empresariais; deben posuír capacidade de fixar libremente os seus obxectivos, estratexias, elección de contrapartes, etc.
  • Se foron creadas por outra institución deben estar legalmente diferenciadas e manter unha capacidade de decisión propia, sen interferencias. As ONGD con algún tipo de relación de dependencia con outras institucións (tales como partidos políticos, institucións relixiosas, sindicatos, empresas...) deberán facer pública esa relación.  Se son parte dunha organización internacional deben acreditar, polo menos, unha autonomía suficiente nas decisións con relación ás oficinas centrais.
  • Posuír recursos, tanto humanos coma económicos, que proveñan da solidariedade, de doazóns privadas, de traballo voluntario ou semellantes.
  • Actuar con mecanismos transparentes e participativos de elección ou nomeamento dos seus cargos, promovendo a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. En particular, as persoas do Padroado (para as fundacións) ou xuntas directivas ou equivalentes serán   voluntarias, sen prexuízo das compensacións oportunas orixinadas polos gastos derivados do seu cargo.
  • Ser transparentes na súa política, nas súas prácticas e nos seus orzamentos. Isto supón a obriga de publicar documentación cuantitativa e cualitativa, así coma a de facilitar o control externo das súas actividades e recursos. 
  • Estaren baseadas e articuladas arredor dos fins da solidariedade internacional e a cooperación.Isto implica a necesidade de que entre os principais obxectivos das ONGD do Norte figuren a cooperación ao desenvolvemento e a loita contra as desigualdades, a pobreza e as súas causas. Ademais, esixe que a súa práctica sexa coherente e consecuente con este fin. 
 
Consenso básico respecto dalgúns conceptos
As ONGD posúen unha percepción común, dentro dunha certa amplitude, sobre algúns conceptos básicos que constitúen o seu eido de traballo e que orientan os principios cos que actúan: o tipo de desenvolvemento que promoven, a pobreza contra a que loitan e a cooperación que desenvolven cos pobos do Sur.
 
As ONGD promoven o desenvolvemento, entendéndoo como un proceso de cambio social, económico, político, cultural, tecnolóxico, etc. Este, xurdido da vontade colectiva, require a organización participativa e o uso democrático do poder das persoas dunha comunidade. O desenvolvemento, así entendido, crea condicións de equidade que abren máis e mellores oportunidades de vida ao ser humano para que exercite todas as súas potencialidades; e preserva para as xeracións futuras o acceso e o uso óptimo dos recursos, o medio ambiente natural e o acervo cultural.
 
As ONGD loitan por erradicar a pobreza concibida como a situación de privación dos elementos esenciais para que o ser humano viva e se desenvolva con dignidade física, mental e espiritual, tendo en conta as súas necesidades relativas ao xénero, ás capacidades, aos valores culturais, á idade e ao grupo étnico. Consideran que a pobreza é, fundamentalmente, resultado da explotación dos pobos e da natureza, e que
a causa das desigualdades sociais está no acceso desigual aos recursos e na exclusión dos pobos da toma de decisións que lle concirnen.
 
As ONGD practican a cooperación cos pobos do Sur, entendéndoa como un intercambio entre iguais, mutuo e enriquecedor para todas e todos, que pretende fomentar o desenvolvemento e acadar a erradicación da pobreza (tal e como se acaba de definir). A cooperación é unha actividade que é preciso colocar no contexto das Relacións Internacionais e, polo tanto, mantén unha estreita relación co resto de políticas Norte-Sur, sobre as que pretende influír sen se limitar ao exercicio dun simple financiamento. A cooperación esixe unha coherencia xeral: entre os obxectivos a longo prazo (arriba indicados) e as accións e iniciativas concretas que se levan a cabo, e entre os resultados perseguidos e os medios empregados.
 
As ONGD tamén outorgan unha grande importancia a outros tres aspectos que informan decisivamente sobre o seu pensamento e a súa acción: a igualdade de xénero, o respecto ao medio ambiente e a promoción dos dereitos humanos.
 
O concepto de xénero designa o que en cada sociedade se atribúe a cada un dos sexos, é dicir, refírese á construcción social do feito de ser muller ou home, á súas interrelacións e ás diferentes relacións de poder/subordinación en que estas relacións se presentan. O sistema e as relacións de xénero afectan a todas as relacións sociais, definindo os diferentes roles, comportamentos, actitudes e valores que son incorporados por mulleres e homes nos seus procesos de socialización. O actual sistema de xénero coloca ás mulleres en posición de inferioridade e subordinación, facendo das relacións de xénero unha dimensión de desigualdade social.
 
Polo tanto, as ONGD deben ter por obxectivo a creación de condicións para que as mulleres, como integrantes da comunidade, participen na toma de decisións, así coma a promoción da súa incorporación activa en todos os programas de desenvolvemento e acción humanitaria, para asegurar o acceso e control equitativo aos beneficios das mesmas.
 
As ONGD promoven un tipo de desenvolvemento respectuoso co medio ambiente. As súas accións non deben afectar negativamente ao medio ambiente e promoven a conservación do contorno natural e o uso sostible dos recursos.
 
A través das súas accións as ONGD promoven o respecto aos dereitos humanos entendidos como dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais, incluído o dereito ao desenvolvemento.

ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.