Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

  • En linea 5 visitante(s) en liña
  • Visitas Hoxe: 1809 accesos
  • Visitas Total: 2861909 accesos
  • Feed RSS 2.0 | ATOM 0.3

Suscrición ao boletín

Nome: Correo:


FORMAMOS PARTE DE

  • Asina a «X Solidaria» na túa declaración da Renta
  • Fiare
  • Coop 57
  • Coordinadora de ONGD - España
  • Quien debe a Quien

RECOMENDAMOS

  • Tempo Exterior

Fai doble clic no mapa para visión máis próxima das ONGs por localidades

 

Todos | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z
  1. Ámbitos de Acción
  1. Local

Quen a forma?

Integradas na Coordinadora Galega de ONGD

A Cova da Terra - Asociación cultural de cooperación e desenvolvemento

A Cova da Terra, asociación creada en Lugo a mediados dos noventa, traballa fundamentalmente no eido do comercio xusto, xestionando en Lugo, a primeira tenda de comercio xusto que existiu en Galicia, e que na actualidade se converteu nun verdadeiro espazo de encontro e reflexión do movemento lucense de solidariedade.


ACSUR Galiza

ACSUR Las Segovias é unha organización non Gobernamental de Cooperación de Desenvolvemento laica e progresista, orientada a promover unha conciencia política transformadora, capaz de gañar para a maioría das poboacións coas que se traballa a paz e a dignidade baseadas na plena realización de todos os dereitos humanos. ACSUR Las Segovias foi fundada o 6 de xullo de 1986 e rexistrada legalmente o 23 de decembro de 1986, co obxectivo de contribuír á superación creativa da brecha de desigualdades económicas, políticas e sociais entre o norte e o sur do noso planeta e do sistema económico, social e político que as xera, a través non só da execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no sur, senón tamén de accións de presión política, sensibilización da opinión pública e coordinación co resto da  sociedade civil organizada no ámbito local, autonómico, estatal, no Estado español e no espazo europeo.  


AGARESO - Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

 A Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) foi constituída en 2008. Os principais obxectivos da organización son a creación dunha rede sólida, comprometida e plural no sector da comunicación galega que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade, mediante a creación, desenvolvemento e seguimento de proxectos de cooperación xa sexan propios ou alleos á organización. Ademais persegue potenciar a educación, formación e reciclaxe dos profesionais en tratamento e elaboración de informacións de carácter social, e ampliar a súa conciencia na abordaxe diaria da información destas temáticas. A súa misión fundamental é sensibilizar á sociedade sobre a vulneración dos dereitos humanos (sociais, económicos, culturais e ambientais) nos países en vías de desenvolvemento. No Estado español, AGARESO centra o seu traballo en dar voz a colectivos en risco de exclusión social como as persoas con discapacidade, a poboación reclusa e ex reclusa, a poboación inmigrante ou a persoas drogodependentes e ex drogodependentes. Conta con tres plataformas básicas para a publicación de artigos, entrevistas, reportaxes, material gráfico e audiovisual que integran os proxectos que se abordan desde a ONGD:  a través da web, radio dixital, televisión e redes sociais.  


Amigos da Terra - Xuventude

Amigos da Terra é unha organización laica que actúa para acadar sociedades perdurables, protexendo o medio e compartindo os recursos do mundo. Forma parte de Friends of the Earth International, que ten grupos en 66 países e un millón de socias /os. En Amigos da Terra concéntranse os esforzos en traballar o consumo sustentable, a xestión de residuos, a conservación e usos da terra, os temas de cambio climático e a cooperación para o desenvolvemento. Ademais conta con dous recursos básicos; o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas na Serra de San Mamede (Pista forestal Arnuide - San Mamede Km. 10, Vilar de Barrio, Ourense) que se rexe por principios de bioconstrución e enerxías renovables; e o servizo de asesoría xurídica, información e educación ambiental.  


Amigos Escaes-Perú

Amigos Escaes Perú é unha organización sen fins de lucro, con recoñecemento de ONG internacional. Traballa ofrecendo servizos en prol do desenvolvemento integral dos sectores de máis baixos ingresos económicos, en harmonía cos patróns culturais e os intereses nacionais e rexionais do Perú.


Arquitectos sen Fronteiras

Arquitectos sen Fronteiras é unha ONGD de cooperación internacional ao desenvolvemento, independente política e relixiosamente. A súa misión centrase en promover un desenvolvemento humano equitativo e sostible, a través da mellora da habitabilidade e a defensa do dereito das persoas a un hábitat digno, en especial o dos colectivos desfavorecidos.  


Asamblea de Cooperación pola Paz

ACPP é unha ONGD que aposta desde 1990 por un desenvolvemento equitativo, a reivindicación da xustiza social, a defensa e promoción dos dereitos humanos, a igualdade de xénero e a democracia. Nos países do Sur traballa pola capacitación das persoas beneficiarias para acadar un desenvolvemento sostible, fortalecendo o tecido asociativo e para a mellora na universalización dos servizos públicos básicos. En España actúa nas áreas de acción social, educación, sensibilización, inmigración e codesenvolvemento.  


Asociación 1º de Mayo

Asociación 1º de Mayo

A Asociación 1º de Mayo nace en 1999 en Allariz (Ourense). É unha ONGD galega que se define coma unha asociación de voluntariado, apolítica, aconfesional de carácter humanitario e solidario. O seu obxectivo prioritario é realizar e executar proxectos para a cooperación en países en vías de desenvolvemento apuntando ás clases máis desfavorecidas e situacións máis precarias. A asociación traballa principalmente en Bolivia. A orixe da Asociación está na procura de financiamento e apoio aos proxectos que se levan a cabo en Santa Cruz de la Sierra, en concreto na Villa 1º de Mayo, un dos barrios máis pobres e marxinais da cidade. O seu eido de actuación é principalmente o sanitario, mais cunha concepción ampla de tel xeito que abrangue: prestar asistencia médica sen ánimo de lucro, contribuír ao sostemento do Hospital 1º de Mayo, programar intervencións en nenos/as e familias carentes de recursos, contribuír á formación de persoal sanitario a través da tramitación de coñecementos e apoiar a ampliación do Hospital nas súas areas máis deficitarias. Na actualidade, a Asociación estendeu as súas actividades en Yamparaez (Sucre).


Axuda en Acción

Axuda en Acción é unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD) independente, aconfesional e apartidaria, que ten como obxectivo principal mellorar as condicións de vida das nenas e nenos, as familias e as comunidades dos países máis desfavorecidos de América, Asia e África.


Bicis pola Paz

Bicis pola Paz é unha ONGD aconfesional galega, de cooperación e ecoloxista que promove o transporte ecolóxico como xeito de desenvolvemento perdurable. Faino a través da doazón de bicicletas para facilitar o desprazamento de axentes sociais de distinto tipo, que debido á falla de infrastruturas viarias e outros medios de transporte, ven minguada a calidade do seu traballo no Sur.


Cáritas Diocesana de Santiago

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela é unha ONGD confesional de ámbito internacional que se constitúe como organismo oficial da Igrexa na Diócese de Santiago. Constitúese para servir á acción caritativa e social, promovendo, coordinando e instrumentando a Comunidade Cristiá de Bens entre as comunidades eclesiásticas en todas as súas formas, axudando á promoción humana e ao desenvolvemento integral das persoas, grupos e comunidades. Traballa en atención primaria e acción social con colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión. Traballa tamén en cooperación, animación comunitaria e voluntariado.


COOPERA - Jóvenes para la Cooperación Internacional al Desarrollo

  COOPERA é unha organización sen ánimo de lucro, dedicada á cooperación ao desenvolvemento humano dos países en vías de desenvolvemento de África e Iberoamérica. COOPERA ten dúas áreas de traballo definidas: a de acción exterior a través da execución de proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento en África e Iberoamérica; e a de sensibilización social e formación xuvenil de persoas voluntarias e cooperantes. Nesta última destacan actividades coma a Olimpíada Solidaria de Estudo, os campos de traballo, a formación e envío de voluntariado e persoas cooperantes a países en vías de desenvolvemento, o apadriñamento de nenos e nenas de Angola e Perú, ou os intercambios culturais xuvenís.  


Cruz Vermella

Cruz Vermella é unha organización non gobernamental, aconfesional de ámbito internacional. A súa misión baséase en estar preto das persoas vulnerables a través de accións de carácter preventivo, asistencial, rehabilitador e de desenvolvemento, realizadas esencialmente por persoas voluntarias.  


Ecos do Sur

Ecos do Sur é unha ONGD galega, independente, aconfesional e sen ánimo de lucro, fundada en 1991 e declarada entidade de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior. Entre os obxectivos de Ecos do Sur están a análise da realidade dos países máis desfavorecidos, a sensibilización da sociedade galega sobre os problemas que sofren e a cooperación para o seu desenvolvemento. Así como a concienciación na sociedade sobre as problemáticas que sofren as persoas refuxiadas, inmigrantes, emigrantes retornadas e outros colectivos en risco de exclusión social, e tamén a axuda para conseguir a súa inserción e promoción na sociedade a todos os niveis.


Educación Sen Fronteiras

Educación Sen Fronteiras (ESF) nace en 1988, coma espazo de reflexión e análise dos problemas educativos dos países en vías de desenvolvemento. Defínese como organización non gobernamental de desenvolvemento, privada, independente, laica, sen ánimo de lucro e especializada en educación. ESF cre que a educación é un dereito fundamental de todas as persoas e un factor esencial do benestar humano. Cre na educación como vehículo vital de desenvolvemento, cara a un mundo que xere relacións de igualdade entre as persoas e os pobos.  


Entreculturas, Fe e Alegría

Entreculturas é unha ONG, promovida pola Compañía de Xesús, que está presente nas zonas máis empobrecidas de América Latina, África e Asia. No Sur Entreculturas colabora co Servizo Xesuíta aos Refuxiados e é membro da Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas defende o dereito á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas porque cre que educar é dar oportunidades. Outros enderezos da ONGD: Santiago de Compostela: Rúa Virxe da Cerca, nº 31. 15703 Santiago de Compostela Tfno. 981 581 409 Correo electrónico: santiago@entreculturas.org   Vigo: Rúa Velázquez Moreno nº 9-2º. 36201 Vigo Tfno. 986 224 990 Correo electrónico: vigo@entreculturas.org  


Enxeñería Sen Fronteiras

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia é unha organización non gobernamental dedicada á cooperación ao desenvolvemento que traballa para construír unha sociedade mundial xusta e solidaria e a prol de poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. ESF Galicia é unha organización pluridisciplinar, aconfesional e apartidaria, formada por persoas socias e voluntarias. Está asociada á Federación ESF-España.  


Equus Zebra

Equus Zebra nace no ano 2000 en A Coruña. É unha ONG galega, independente, apolítica e aconfesional, creada por e para as persoas inmigrantes. A súa misión é a promoción integral da comunidade inmigrante e o desenvolvemento dos países máis desfavorecidos de África. O seu fin é loitar para mellorar a vida das persoas inmigrantes, de calquera procedencia, que teñen chegado a Galicia así como a de aquelas que viven en situación pobreza nos seus países de orixe. O obxectivo de Equus Zebra céntrase en loitar contra as desigualdades e fomentar un modelo de convivencia, comprometido e solidario; un modelo que mellore a calidade de vida do colectivo inmigrante e facilite a súa integración no noso entorno.  


Farmamundi - Galicia

Farmaceúticos Mundi é unha ONGD de cooperación ao desenvolvemento, acción humanitaria e emerxencias que defende o dereito universal á saúde e a unha sanidade digna, por iso quere facer que a saúde e os medicamentos estean ao alcance de todas as persoas. Traballa levando a cabo proxectos de desenvolvemento integral no eido da saúde, en sensibilización dando a coñecer a realidade diaria de milleiros de persoas e as causas das súas carencias en materia sanitaria; así coma no asesoramento doutras organizacións e entidades sobre o acceso aos medicamentos esenciais


FISC. Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María

FISC é unha organización non gobernamental constituída como fundación, con plena autonomía institucional e decisoria con respecto de calquera instancia gobernamental. Posúe personalidade xurídica propia e plena capacidade de acción. Traballa en dous ámbitos: sensibilización e educación para o desenvolvemento da cidadanía respecto aos problemas da pobreza para impulsar a solidariedade cos países empobrecidos e cos colectivos marxinais que sofren extrema pobreza; e na cooperación para o desenvolvemento a través do financiamento e realización de actividades e proxectos que permitan a mellora das condicións de vida nos países empobrecidos e no Cuarto Mundo desde unha achega fundamentalmente educativa.  


Fundación Balms para la Infancia

A Fundación Balms para la Infancia nace no ano 2002 en Vigo. É unha ONG galega creada por e para a infancia en situación de risco ou desamparo. O seu obxectivo  prioritario é desenvolver proxectos que fomenten a protección dos dereitos da infancia. No día a día, tradúcese en dúas liñas diferentes de actuación: A primeira, no ámbito da Adopción Internacional, mediante a busca de familias para a adopción de nenos e nenas de orixe colombiano. Para o pleno desenvolvemento da mesma, a Fundación conta co recoñecemento, tanto na Comunidade Autónoma de Galicia como na República de Colombia, como Entidade Colaboradora para a Adopción Internacional (ECAI).   A segunda, no ámbito da Cooperación Internacional ó Desenvolvemento con Colombia e Perú. No primeiro caso a través dun centro de día para 92 nenos e nenas en situación de desamparo ou risco, en colaboración coa Fundación Colombiana IMAGO; onde se lles presta unha atención integral (alimentación, saúde, educación, etc.). En Perú  realizamos o  “Proxecto de apadriñamento do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Jicamarca” levado a cabo, en España, xunto coa Asociación de Antigos Alumnos do  Colexio Apóstolo Santiago de Vigo e, en Perú, co apoio da Oficina de Desarrollo y Procura da Compañía de Jesús O obxectivo deste proxecto é colaborar no sostemento de dous colexios, ós que asisten case 600 nenos e nenas repartidos entre Educación Infantil e 5º de Primaria.  


Fundación Cume

A Fundación Cume é unha fundación de interese galego, sen ánimo de lucro, de carácter privado, cun ámbito de actuación internacional. O seu obxectivo é a promoción cultural e social da comunidade galega e demais comunidades e rexións en España, así como do estranxeiro, o seu público destinatario céntrase na mocidade, a muller, as familias e os sectores marxinados e os pobos máis desfavorecidos. Fundación Cume, traballa en varios ámbitos; cultural, social, sensibilización e educación para o desenvolvemento e cooperación ao desenvolvemento.  


Implicadas/os no Desenvolvemento

Implicadas/os no Desenvolvemento (IND) é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento galega, aconfesional, crítica, apartidaria, independente e que entende que a discriminación de xénero subxace a todas as demais e polo tanto debe ser eliminada antes de poder falar de desenvolvemento. A misión de IND é a de traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto co grupo das mulleres a través da eliminación das estruturas de opresión Norte-Sur e de xénero, e a través da contribución a unha vida digna para todas as persoas nun exercicio de corresponsabilidade entre Galicia e as sociedades civís do Sur.    


InteRed Galicia

InteRed é unha ONG de desenvolvemento promovida pola Institución Teresiana para impulsar, desde a sociedade civil, unha rede de intercambio e solidariedade entre grupos sociais, pobos e culturas. Ten como finalidade colaborar na transformación da realidade socioeconómica actual xeradora de inxustiza e traballar contra a pobreza, as desigualdades e a exclusión, a través de procesos socioeducativos desde o enfoque dos dereitos humanos e do xénero.


Intermón-Oxfam

Creada en 1956, Intermón Oxfam (IO) son mulleres e homes que cren na xustiza, a solidariedade e a paz, e queren contribuír a cambiar o mundo. Son seis os obxectivos sobre os que se artellan os máis de 500 proxectos en 33 países que desenvolve Intermón Oxfam e os que dan sentido ao seu traballo na nosa propia sociedade: o dereito a uns medios de vida perdurables, á saúde e á educación, á vida e á seguridade, a ser escoitadas/os, o dereito á propia identidade, e o deber de fomentar a cultura da solidariedade. Desde 1997 IO está integrada en Oxfam Internacional. O traballo de Intermón Oxfam céntrase en catro grandes áreas: proxectos de cooperación; axuda humanitaria e de emerxencia en desastres e conflictos civís; comercio xusto; sensibilización social e acción de incidencia política contra as causas estruturais da pobreza.


Inti

A ONG Inti traballa en cooperación internacional para o desenvolvemento a través do voluntariado, promovendo a participación directa das persoas beneficiarias para que a cooperación exterior constitúa un estímulo pero nunca unha forma máis de dependencia. O seu nome quechua «Inti» (Sol) trata de representar o sol da fraternidade, xustiza e solidariedade que quere facer chegar ás persoas máis necesitadas. Nace baixo o lema, tamén quechua, ccospanchiscca chaskinchicmi,  que significa compartir é recibir.


Jóvenes y Desarrollo

Jóvenes y Desarrollo (JyD) é unha organización confesional, vinculada á Congregación Salesiana de Don Bosco que desde hai 20 anos traballa polo desenvolvemento humano e sostible nos países máis empobrecidos, a través da educación básica e a alfabetización e da formación profesional das persoas máis novas.


Labañou Solidaria

Labañou Solidaria é unha ONGD privada, independente e aconfesional, de cooperación e solidariedade, que ofrece apoio técnico voluntariamente por parte das súas/seus socias/os, a través de proxectos de saúde e desenvolvemento integral, facilitando a capacitación técnica e reforzando o capital social das comunidades. Labañou Solidaria nace para promover un irmanamento entre os cidadáns de Labañou e os de Vilcabamba, un distrito de extrema pobreza localizado na serra andina de Perú na rexión de Cuzco. Este irmanamento sirve de vehículo para a cooperación directa e a implicación da poboación e funciona como un instrumento para a educación para a paz e a solidariedade das persoas dun barrio desta beira do Atlántico.


Madreselva

A Fundación Madreselva ONGD é unha organización de ámbito nacional e internacional vinculada ao Instituto das Fillas de María Auxiliadora. O seu fin é cooperar ao desenvolvemento sostible, humano, social e económico, para contribuír en todos os países ao progreso e promoción humana, en especial da infancia, mocidade e da muller, privilexiando a educación como instrumento eficaz para o desenvolvemento e promovendo o voluntariado. Madreselva ONGD ten catro áreas de traballo: proxectos de cooperación ao desenvolvemento, promoción e fomento do voluntariado, sensibilización e educación para o desenvolvemento e apoio á infancia.   


Mans Unidas

Mans Unidas é unha ONGD confesional católica de voluntariado e de cooperación de ámbito nacional, que pretende loitar contra a fame, a pobreza, o subdesenvolvemento e as causas que o provocan. Traballa en dous ámbitos: no Sur financiando proxectos de desenvolvemento en en temas agrícolas, culturais, educativos, sanitarios, de promoción da muller, de axuda humanitaria e de emerxencia; e no Norte sensibilizando á poboación galega, para que coñeza e sexa consciente da realidade dos países en vías de desenvolvemento.


Medicos do Mundo - Galicia

Médicos do Mundo (MDM) é unha organización non gobernamental de acción humanitaria, sen afiliación política ou relixiosa, de ámbito internacional e con sede en Galicia. Constitúe unha organización internacional, tanto na súa concepción da axuda aos colectivos máis desfavorecidos coma no traballo de implantar unha idea de solidariedade global para o conxunto da humanidade. O obxectivo de Médicos do Mundo é intervir onde a guerra, a enfermidade,a fame ou a miseria constitúen un perigo para a vida humana.


Meniños

A fundación Meniños ofrece servizos de calidade para a infancia e a adolescencia en situación de dificultade social e promove os seus dereitos, investigando, difundindo coñecemento e innovando sobre a súa atención. Así mesmo favorece a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura de bo trato, para garantir a cada neno, nena e adolescente o seu dereito a medrar nun entorno familiar que garanta o seu benestar e desenvolvemento integral.  


Natura Hispánica

Natura Hispánica

A asociación Natura Hispánica é unha ONGD sen fins lucrativos, que basea o seu traballo nos fins e instrumentos derivados do Cumio da Terra sobre Desenvolvemento Sostible celebrado en Río de Xaneiro en 1992. Igualmente asume os principios e fins dos acordos internacionais relacionados co Programa Home e biosfera, e o Programa do Patrimonio Mundial, ámbolos dous da UNESCO, así como os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Ten como principais liñas de actuación: a investigación, conservación, defensa e uso ordenado e integrado da biodiversidade en beneficio da humanidade; a salvagarda dos pobos e culturas autóctonos; a atención aos problemas da muller e desigualdades de xénero, así como os relacionados coa infancia e a mocidade; a cooperación internacional ao desenvolvemento nos países, sociedades e grupos máis desfavorecidos; e a educación e sensibilización da sociedade respecto aos valores anteriores.


ONG Lena

  A ONG Lena nace no ano 2006 como organización non gobernamental, sen ánimo de lucro e laica que ten como obxectivo principal colaborar no proxecto educativo que a ONG Graos de Luz e Griô promove na cidade de Lençois-Bahía, en Brasil. O seu fin principal é contribuír á educación de nenas/os e adolescentes na cidade de Lençois, con necesidades severas, co fin de lles ofrecer unha perspectiva de futuro, impulsando cambios importantes na erradicación da inxustiza e da desigualdade.    


ONG Mi Perú

ONG Mi Perú xorde no ano 2003 como resposta a un feito moi común nos países en vías de desenvolvemento: que rapazas e rapaces, aínda en idade escolar, teñan que deixar os seus estudos para comezar a traballar e contribuír así á economía da súa familia. A ONG Mi Perú é unha organización aconfesional de cooperación internacional, centrada no fomento da escolarización, que traballa en Perú e India.


PANXEA

A Asociación para o comercio xusto e solidario PANXEA naceu en Compostela en 1995 coma unha asociación sen ánimo de lucro.  A organización traballa nos eidos de Comercio Xusto, Consumo Responsable, Soberanía Alimentaria e Economía social, alternativa e solidaria (especialmente cooperativismo e finanzas éticas).  Os seus principais obxectivos son a sensibilización da sociedade galega e a participación activa en diversas iniciativas de economía social, alternativa e solidaria, especialmente as relacionadas co comercio xusto, e o consumo responsable dende a perspectiva da soberanía alimentaria. Traballa para impulsar cambios que, dende o pequeno e o local, muden as estruturas a prol da xustiza social, ecolóxica e de xénero, e nas relacións comerciais norte-sur, pero tamén norte-norte, e sur-sur, promovendo igualmente a paz e o desenvolvemento sustentable.   PANXEA forma parte da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD dende 2008. Ademais, traballa en rede coa Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, a Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel,  Fiare Galiza, e a nivel estatal e ibérico, forma parte do “Espacio por un Comercio Justo”.    En febreiro de 2010, a tenda de comercio xusto que PANXEA ten na Rúa da Rosa, 36 (Compostela) pasou a ser xestinada por unha Cooperativa de Consumidores/as e Usuarios/as.


Paz e Solidariedade

A Fundación Paz e Solidariedade(PES) é unha organización non gobernamental, privada, sen ánimo de lucro, dedicada á cooperación e á promoción da paz e a solidariedade entre os pobos. Foi constituída en 1994 por iniciativa do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galiciae desde entón traballa fundamentalmente para contribuír á conquista das liberdades individuais e colectivas.


PROCLADE

A Fundación PROCLADE, -fundada en 1996 e vinculada á orde claretiana-, é unha organización non gobernamental de desenvolvemento (ONGD), con vocación de servizo aos países en vías de desenvolvemento, que sinte os problemas dos pobos do Sur como propios. Os dous obxectivos principais da entidade baséanse na colaboración co desenvolvemento dos pobos máis necesitados a través da promoción do benestar humano, a xustiza e a paz social, e na promoción do voluntariado social para o desenvolvemento e a sensibilización da cidadanía do Norte para unha maior conciencia cívica.


PROYDE

PROYDE é unha ONG para a promoción e o desenvolvemento creada en 1988, que traballa ao longo do estado español. Xurdiu desde o ámbito educativo, dentro da Comunidade de centros educativos La Salle-,  e por iso as súas tarefas prioritarias se enfocan cara á sensibilización sobre a realidade dos países empobrecidos, denunciando as inxustizas e creando unha mentalidade solidaria crítica, especialmente entre a infancia e a mocidade.  


SED. Solidariedade, Educación e Desenvolvemento

SED é unha organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento, de ámbito estatal. A organización xorde como xeito de coordinación dos esforzos solidarios dos Colexios Maristas de España, incluíndo así as súas actuacións nun marco legal que permita a organización de accións de cooperación ao desenvolvemento cos homes e mulleres dos países en vías de desenvolvemento, tendo sempre en conta a súa identidade cultural, a perspectiva de xénero e o respecto ao medio.  


Seminario Galego de Educación para a Paz

O Seminario Galego de Educación para a Paz – Fundación Cultura de Paz, é unha organización sen ánimo de lucro, independente e galiuniversal, que procura facer realidade nas persoas, na cidadanía e nas sociedades, por medio da educación, os valores e principios dunha cultura de paz. O seu ámbito de actuación preferente é a comunidade educativa, así coma organizacións prosociais, institucións públicas e medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional.


Solidariedade Galega

Solidariedade Galega é unha asociación laica e independente, de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria. Está formada por persoas voluntarias vinculadas ao eido sanitario, que desde 1997 desenvolven proxectos de asistencia e formación sanitario-cirúrxica especializada nos países do Sur.


Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e unha organización non gobernamental. Trátase dunha asociación laica, a misión principal da cal consiste na cooperación exterior cos Campamentos de Refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria)  


Solidariedade Internacional de Gaicia

Solidariedade Internacional de Galicia (S.I) é una ONGD galega independente, laica e progresista. Está asociada a nivel estatal coa Fundación Solidaridad Internacional, a cal traballa desde o ano 1986 no campo da cooperación ao desenvolvemento. Solidariedade Internacional aposta por un tipo de cooperación que non xere novas dependencias e que consolide as bases dun desenvolvemento autónomo.    


Taller de Solidariedade

Taller de Solidariedade é unha Fundación promovida pola congregación relixiosa das Siervas de San José, que ten como fin impulsar a xustiza social, a dignidade das persoas e a mellora das súas condicións de vida, transformando a sociedade e optando polos colectivos pobres e excluídos de mulleres, nenos, nenas e xoves dos países do Sur.


Terra de Homes

Terra de Homes é unha organización aconfesional de cooperación, que traballa no ámbito nacional e internacional. Desde a organización realízase axuda directa á infancia máis desamparada nos países en vías de desenvolvemento a través de dúas vías:  proxectos nos países de orixe e proxectos de sensibilización en Galicia. 


UNICEF Galicia

UNICEF Galicia é o comité autonómico de UNICEF España, entidade que representa a UNICEF, - Axencia das Nacións Unidas para a Infancia-, en España. A súa misión principal é promover e vixiar o cumprimento dos dereitos da infancia tanto nos países do Norte coma nos do Sur. 


Veterinarios Sen Fronteiras

Veterinarios sen Fronteiras (VSF) é unha organización non gobernamental, apartidaria e aconfesional, que promove, desde a cooperación un modelo de desenvolvemento xusto en favor da soberanía alimentaria, como proposta que dignifique a vida campesiña e que garanta a sustentabilidade ambiental, social e cultural do dereito á alimentación para toda a poboación mundial. 


ONGD non integradas na Coordinadora Galega de ONGD

Axunica. ONG de Axuda a Nicaragua

Axunica, ONG de axuda a Nicaragua, traballa principalmente en cooperación ao desenvolvemento con Nicaragua, así coma na difusión e sensibilización sobre as inxustas relacións Norte/Sur dos desequilibrios do desenvolvemento e das precarias condicións de vida en que vive unha ampla maioría da poboación mundial.  


Chai. Asociación para o desenvolvemento

Chai. Asociación para o desenvolvemento

A Asociación Chai para o desenvolvemento é unha ONGD, independente de toda organización política, social ou relixiosa, o principal obxetivo da cal é contribuir á mellora das condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas do mundo, levando a cabo proxectos con participación directa das persoas interesadas na demanda, deseño e execución, e priorizando o pleno respeto polas culturas dos colectivos nos que intervén.   


Médicos sen Fronteiras

Médicos Sen Fronteiras é unha organización médico-humanitaria de carácter internacional que aporta a súa axuda a poboacións en situación precaria e a vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados, sen discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política. A presenza independente e imparcial da organización, nas situacións de crises permítelles realizar unha acción inmediata e temporal de asistencia ás persoas máis necesitadas, asumindo riscos, confrontando ao poder e empregando a testemuña como medio para provocar cambios a favor das poboacións.


SOLIDARIOS

  SOLIDARIOS é unha organización da sociedade civil declarada de interese público. Os obxectivos da organización baséanse no voluntariado social, a cooperación cos pobos empobrecidos do Sur e a sensibilización socia len temas de xustiza socia le solidariedade.    


SOTERMUN. Asociación de Solidaridad con los Trabajadores y Trabajadoras de los Países Empobrecidos

 ONG promovida polo sindicato USO e o principal obxectivo da cal se centra en apoiar a extensión do traballo digno. Para esto compaxinan proxectos de cooperación en fortalecemento sindical cos de desenvolvemento. Así mesmo, levan a cabo tarefas de sensibilización en Galicia.    


ir ó principio© 2007-2009 Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Santiago de Compostela. Galicia. España - Todos os dereitos reservados.